Rusia podería aceptar o desbloqueo do gran ucraíno


Moito optimismo en Nacións Unidas, tras a reunión mantida entre rusos e ucraínos en Turquía. Tentan desbloquear as exportacións de gran ucraíno almacenado nos portos bloqueados. A guerra en Ucraína alimentou a crise alimentaria mundial que seguiu a dous anos de pandemia. Ucraína é un dos principais exportadores de cereais do mundo. Ata o de agora, Moscova esixía inspeccionar os barcos para comprobar que non levaban armas a Ucraína e Kiev esixía garantías contra un ataque ruso se Ucraína retiraba as minas que protexen os seus portos. As negociacións, coa ONU como observadora, continuarán a semana que vén. Tras a reunión, o secretario xeral da ONU António Guterres non ocultou a súa esperanza.