Rusia estaría a preparar unha desconexión de gran alcance da súa infraestrutura da internet do resto da rede. Así o indica unha orde do Ministerio ruso de Desenvolvemento Dixital, Comunicacións e prensa. Na súa batalla por controlar a información sobre a guerra en Ucraína, Moscova bloqueou Twitter e Facebook, seguido de varios portais de medios internacionais. Adicionalmente, os medios de comunicación rusos foron censurados.
«A verdade é que o único que hai aquí é o desexo de controlar a información, de controlar o que a xente pensa e o que a xente comparte, e isto é unha idea aterradora», sinala David Frautschy, director xeral da ONG, Internet Society. O Internet de Rusia non está tan hermeticamente pechado como o de China. No país asiático practicamente todas as plataformas dixitais occidentais están bloqueadas.
Agora, co cambio forzoso dos servidores de aloxamento e o sistema de nomes de dominio, as autoridades poderán aplicar a censura completa e o bloqueo da internet dentro do país. Pronto, os habitantes de Rusia apenas poderán informarse de forma independente sobre a situación do seu país ou sobre a guerra en Ucraína.