0
O exército ruso realiza manobras militares nos mares de Chukotka e Bering, fronte a Alaska, anunciou o ministerio de Defensa ruso.
Nelas participan un dez mil militares e máis de cincuenta unidades de barcos, submarinos,avións e helicópteros.
En Finval 2023 tamén se fan probas cos sistemas de defensa costeira Bal e Bastion e empréganse vehículos blindados.
O obxectivo, segundo o comunicado, é protexer o roteiro marítimo do norte que pasa polo Ártico ruso. Este percorrido é empregado actualmente para transportar petróleo e gas ruso á China a causa das sancións.
Moscova está a preparar á súa vez varios rompexeos nucleares adicionais para facilitar a navegación.