Rusia revisará a lei de tenencia de armas tras o tiroteo de Kazán

O tiroteo nunha escola da cidade de Kazán é un dos máis graves dos últimos anos en Rusia. As autoridades confirmaron a morte de catro nenos e tres nenas, ademais dun profesor e outro empregado da escola, aínda que nun primeiro momento informouse do falecemento de once persoas. Outras 21 persoas resultaron feridas. O tirador, un exalumno de 19 anos, tiña licenza para levar unha arma. O presidente Vladimir Putin deu o pésame ás familias das vítimas e promete recompensalas cuns 13.500 dólares, ademais prometeu revisar a lexislación para ter licenza de armas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha