Rusia saca peito ante occidente

Rusia presenta un submarino silencioso e varios tanques no medio da crecente tensión no leste de Ucraína. Mentres que en Occidente, o presidente de EEUU, Joe Biden, advirte de que «sería un desastre para Rusia» se invade Ucraína. O xefe da diplomacia estadounidense tras unha reunión con varios homólogos aliados europeos, sinalou que unha invasión sería unha ameaza aos principios asumidos tras as guerras mundiais de fronteiras inviolables, libre elección de alianzas e soberanía.

No mesmo ton, a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, sinalou que a UE non aceptará os intentos de Rusia de dividir Europa en esferas de influencia, porque os únicos principios válidos son os que tamén Rusia asinou na Acta Final de Helsinqui e a Carta de París.

O Kremlin, ademais de expresar o seu descontento coa subministración de armas a Ucraína por parte Occidente, apunta que as ameazas de sancións poderían contribuír a desestabilizar a situación.

Mentres a situación na liña da fronte en Donbás está baixo control, segundo o servizo de prensa do Mando da Operación das Forzas Conxuntas de Ucraína. Os militares non observaron ningún tiroteo durante tres días consecutivos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha