Rusia sae á rúa pedindo a liberación de Navalni

1 minutes read

Mentres Putin se arroupaba coa plana maior do estado ruso, nas rúas de todo o territorio as protestas para pedir a liberación do opositor Alexéi Navalni multiplicábanse. En Moscova decenas de persoas concentráronse preto de onde o presidente daba o seu discurso anual. Na outra esquina de Rusia, no extremo oriental en Vladivostok, tamén se concentraron opositores. Os chamamentos ás manifestacións dos seguidores de Navani fixéronse en 100 cidades. En total a policía levou a cabo máis de 400 detencións, segundo un portal de control de dereitos humanos. O maior número de detencións produciuse polo momento na cidade de Ufá, capital de Bashkiria, aínda que unha trintena de persoas foron arrestadas en Moscova e San Petersburgo. O líder opositor Alexéi Navalni está nun estado de saúde delicado tras iniciar unha folga de fame en protesta porque as autoridades non están a respectar os seus dereitos. Os seus médicos, que non puideron examinarlle, din que se atopa moi delicado e temen o peor.