52
Volven saltar as alarmas en Rusia. Por primeira vez superou as mil mortes diarias por covid, 1002, nas últimas 24 horas. Tamén houbo novo máximo de infeccións, máis de 33.200. Moscova é o principal foco de casos. Máis de 222.000 persoas faleceron no que vai de pandemia, aínda que o exceso de mortes nese período triplican ese número. As autoridades insisten na necesidade de vacinarse, só o 31% da poboación recibiu a pauta completa.