Rusia ultima a anexión ilegal de catro rexións ucraínas, facendo oídos xordos ao secretario xeral de Nacións Unidas, António Guterres, que rexeitado con firmeza unha decisión que «non terá valor legal e merece ser condenada». Unha anexión que o Kremlin prevé oficializar este venres cun discurso do presidente ruso, Vladímir Putin, e un acto multitudinario en Moscova no que participarán as autoridades prorrusas impostas nestes territorios ocupados. Pola súa banda, o presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, convocou unha reunión de urxencia do seu Consello de seguridade. En cidades como Kramatorsk, tanto o seu alcalde como algúns veciños móstranse desafiantes #ante as consecuencias dos pseudorreferédums, organizados por Moscova para xustificar a anexión ilegal.
17