O primeiro ministro británico recibiu este peculiar castigo de Moscova en resposta ás sancións impostas por Reino Unido a Rusia. En todo caso, Johnson non é o único. En total, unha ducia de altos cargos británicos sofren desde agora esta prohibición, entre eles a ministra de Asuntos Exteriores Liz Truss, o ministro de defensa Ben Wallace ou a ex primeira ministra Theresa May. O comunicado do ministro de Exteriores Serguéi Lavrov defende esta medida «como unha resposta á desenfreada campaña mediática e política de Reino Unido para illar internacionalmente a Rusia e estrangular a súa economía”. Segundo informa The Times membros das forzas especiais do Reino Unido estarían a adestrar a tropas locais en Kiev, ensinándolles entre outras cousas, a usar un mísil antitanque do que Kiev recibiu do Reino Unido máis de 4.000 unidades.
33