Rusia xa controla o 95% da rexión de Lugansk

As tropas rusas están ás portas de Severodonesk onde quedan só 15.000 dos seus 100.000 habitantes. É a cidade que fai ás veces de capital rexional e o último bastión ucraíno da rexión segundo as milicias prorrusas. Estas apuntan que tanto esta cidade como a súa veciña, Lisychansk están nun cerco operativo. Tamén, que están a lograr impedir o abastecemento e a retirada das tropas ucraínas. Segundo a viceministra de Defensa de Ucraína os combates alcanzaron a súa intensidade máxima. Neste escenario, Rusia controla xa o 95 % da rexión de Lugansk segundo o xefe da administración militar desa rexión do Donbás e as milicias prorrusas. No sur, en  Odesa, Turquía está a negociar con Rusia e Ucraína a apertura dun corredor a través do Bósforo para as exportacións de gran ucraínas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha