Ruta arqueolóxica megalítica de Dombate a Cabaleiros pasando por Axeitos

1 minutes read

O Arquivo da Deputación da Coruña promociona o patrimonia e o turismo megalítico nunha nova entrega do seu ‘Documento do mes’, buscando un obxectivo de dinamización territorial e fomentando unha ruta arqueolóxica megalítica.

No mes de outubro o Arquivo Provincial publica un documento no que se destacan os «6.000 anos de antigüidade patrimonial, 200 de historia institucional ou 60 de promoción do turismo» como «razóns suficientes para dedicar un documento do mes ao rescate dalgunhas das primeiras mostras de arquitectura monumental provinciais. Dolmens coma o de Dombate, o de Axeitos (Ribeira) ou o de Cabaleiros (Tordoia) forman parte do patrimonio da Deputación da Coruña.

O documento rememora a historia de adquisición destes monumentos, cando nos anos «sesenta e setenta a modernización do sistema deriva na actualización de competencias das deputacións, entre elas, a obriga de asumir a conservación de monumentos e lugares artísticos e históricos». «Entre as súas primeiras recomendacións están a adquisición do Castelo de Vimianzo, as Torres de Altamira, o Mosteiro de Caaveiro ou os dolmens de Dombate, Axeitos e Cabaleiros».