Con motivo do Día Mundial do Leite, que se celebra este martes, o Centro de promoción rural-EFA Fonteboa pon en marcha unha ruta MTB-Motorbike para este sábado, 5 de xuño.
O bus arrancará ás 08:00 horas de Carballo e percorrerá un tramo do Camiño de Santiago ata Fisterra. O retorno está previsto para as 17:00 horas.
O prezo da actividade, con xantar e transporte incluído, é de 20 euros. Inscricións no 91733051.