Ryanair abandona Vigo despois de 40 meses

As negociacións entre a liña aérea e o Concello chegaron ao seu fín a primeiros de ano. Segundo o Goberno local, a liña aérea chegou a pedir o triplo de axudas que no convenio anterior, un incremento de prezo que rexeitaron dende o concello. Ryanair anunciou entón o abandono do aeroporto vigués, que esta semana se fai efectivo.

Dende o mes de abril xa non operaba a conexión diaria con Barcelona e agora rematan os enlaces con Londres e Dublín, que se trasladan aos aeroportos de Santiago e O Porto, respectivamente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha