Ryanair despídese de Vigo e Santiago

Foto.- Ryanair.

A compañía suprime un millón de prazas en inverno nos aeroportos rexionais españois, como é o caso de Vigo, e pecha tres bases en todo o territorio dentro do plan de axuste anunciado este mércores, entre elas, a de Santiago. A aeroliña adoptou esta decisión no marco do seu plan para reducir a súa capacidade nun 41 % nas rexións españolas e nun 10 % nas illas Canarias este inverno, o que suporá a perda dun millón de prazas no inverno (dous millóns anuais) «debido ás taxas aeroportuarias excesivas e pouco competitivas que aplica o operador aeroportuario monopolístico Aena». O axuste súmase á supresión de 800.000 prazas durante a tempada de verán, o que representa un recorte dun total de 2 millóns durante o ano 2025. A compañía desviará eses 2 millóns de prazas a Italia, Marrocos, Croacia, Albania, Hungría ou Suecia, o que suporá «unha catástrofe turística» para a España rexional, segundo o conselleiro delegado de Ryanair, Eddie Willson.

Related posts

Un falecido logo de sufrir un atropelo en Verea | Un home tamén perdeu a vida tras un incendio en Aranga

Falece un operario tras caer por un terraplén coa máquina cargadora que manexaba en Vilamartín de Valdeorras

Un mozo de 22 anos mata supostamente a súa nai en Vilagarcía de Arousa e precipítase desde un terceiro piso