Ryanair estreará rutas con París e Bruxelas dende Lavacolla

1 minutes read

A compañía aérea de baixo custo Ryanair comezou a vender na web da propia aeroliña, aínda que non na súa app polo momento, billetes para dúas novas conexións co aeroporto de Santiago de Compostela.

Os novos destinos en oferta son o francés de París, concretamente o aeroporto de Beauvais, e o belga de Bruxelas, na terminal situada na localidade de Charleroi.

Estas dúas ofertas, ofrecidas para a tempada de verán, veñen a completar unha serie de conexións xa anunciadas para os próximos meses, como son a alemá de Memmingen (Munich Oeste), Edimburgo (Reino Unido), ou a recentemente estreada con Boloña (Italia).