Sábado de teatro en Muxía coa obra ‘SÓS’

Imaxe da obra 'SÓS'_Cedida

  • Trátase dunha reflexión sobre a vellez e a soidade das persoas maiores

O salón de actos do voluntariado de Muxía acollerá este sábado, ás 20.00 horas, a obra teatral ‘SÓS’ da compañía Malasombra.

‘SÓS’ conta a historia de Fermín e Marcelino, dous xubilados que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso. Este drama humorístico é unha reflexión sobre a vellez, a convivencia e a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

O custo da entrada será de 1 euro e as persoas interesadas poderán inscribirse previamente no Concello chamando ao teléfono 981 74 20 01.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha