- O recadado durante o evento irá destinado a entidades animalistas da illa da Palma
Unha ducia de bandas de Malpica e doutras zonas da provincia da Coruña subíronse ao escenario del festival solidario ‘Isla Bonita’, organizado polo Concello e a asociación cultural e deportiva Salitre. O recadado durante o evento irá destinado a entidades animalistas da illa da Palma, un «pequeno grao de area co que facilitar a recuperación económica nunha situación dramática para centenares de familias», sinalou a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro.
O aparcadoiro de Canido acolleu na tarde deste sábado a grupos e artistas moi variopintos, como o Mago Carlangas, Meigallo da ACD Carcaxía, Gaiteiros da AC Malante, Salitre no Pupitre, Xurxo Souto, O Pau Ke Vira, Juampiños, Improvisóns, Cantareiras da AC Raigañas, Las Antonias, Amenaza de Muerte e DJ SIL.