Sábado tráxico en Porto do Son | Arden 5 turismos e rescatan un cadáver na praia do Dique

1 minutes read

Os bombeiros do parque provincial do Boiro foron mobilizados ás 23:50 horas deste pasado sábado para o rescate dun cadáver nun acantilado e zona de difícil acceso na praia do Dique, no concello de Porto do Son. No operativo participaron Garda Civil, bombeiros de Ribeira, Protección Civil e GES NOIA.

Os bombeiros tamén tiveron que acudir ata Nadelas, en Queiruga, no concello de Porto do Son, tras arder cinco vehículos. Non houbo feridos. O suceso aconteceu nas inmediacións do campo da festa de Queiruga, polo que se procedeu a establecer un perímetro de seguridade para extinguir o lume por completo. Participaron Garda Civil, bombeiros de Ribeira, Protección Civil e GES NOIA.