Sábado tráxico nas estradas galegas con 3 falecidos

O último dos tres sinistros ocorreu arredor das once e cuarto da mañá deste sábado, no barrio ourensán do Couto. Foi unha colisión entre un motorista e un turismo, na estrada N-525 ao seu paso pola capital das burgas. A consecuencia do golpe, o conductor da moto falecu.

Unhas horas antes, un home de 83 anos de idade faleceu na mañá deste sábado nun atropelo na Avenida Benito Vigo da Estrada, diante da Casa do Concello. Fontes sanitarias explicaorn que o suceso ocorreu pouco despois das nove e media. Os servizos médicos desplazados, unha ambulancia asistencial e un médico de urxencias con base no PAC da Estrada chegaron de contado e se activou o helicóptero sanitario.

Trataron de reanimar ao home, que estaba inconsciente, pero non foi posible, e faleceu minutos máis tarde. No operativo tamén participaron os bombeiros do Deza, o XES da Estrada, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha