Sábados culturais en Ponteceso co XXVIII Ciclo de Teatro

PEXELS

  • As funcións terán lugar no Salón de Actos do Concello ás 22:30 horas

A 28ª edición do Ciclo de Teatro de Ponteceso poñerase en marcha no mes de novembro. Do 6 ao 27 haberá funcións de teatro todos os sábados ás 22:30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas.

6 de novembro. Feminísimas, de Ste Xeito Producións
13 de novembro. Mofa e Befa: dúas pedras no camiño, de Producións Teatrais Excéntricas
20 de novembro. A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro
27 de novembro. Dúas donas que bailan, de Teatro Andamio

As entradas deberán reservarse contactando co departamento de Cultura do Concello na propia semana do espectáculo ou unha hora antes do comezo do mesmo.