Sabela, alumna do IES de Baio, logrou o 1º premio no Concurso de relato oral Tíralle da Língua

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organizou o XXIV Concurso de relato oral Tíralle da lingua, dirixido á comunidade educativa, co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias no ámbito escolar. Os participantes poderán contar historias en galego, de base popular, de base literaria ou de creación propia, durante un tempo máximo de cinco minutos.

A alumna de 4º da ESO Sabela Nogueira Imia, acadaba o primeiro premio neste concurso, na modalidade de 2º Ciclo de ESO e Postobrigatorio.

Related posts

O Concello da Laracha retira seis porcos mortos que apareceron nun regato da parroquia de Coiro

Segunda edición do Mercado Artesán de Baio cunha ampla programación cultural

Miguel Corgos acompaña ao alumnado de Carballo nunha videoconferencia con Laponia