Sabina anuncia novo disco para o Nadal e nova xira

0 minutes read

Joaquín Sabina anunciou este sábado en San Sebastián un novo disco producido por Leiva e unha xira a partir de febreiro por América e España. Cabe lembrar que o artista estaba afastado dos escenarios desde a caída que sufriu no Wizink de Madrid en 2020. «Eu non vou de xira se non teño cancións novas», dixo Sabina na rolda de prensa de presentación de Sintiéndolo mucho, o documental sobre a súa figura que rodou Fernando León de Aranoa e que foi preestrea mundial na sección Velódromo do Festival de Cinema de San Sebastián.