Sacrificada en Silleda unha vaca de Cerceda de 884 quilos

Cedida.

Rubia, así se chamaba o exemplar de vaca rubia galega que bateu o récord no matadoiro polo seu peso e dimensións e que foi adquirida por unha empresa de Silleda para a súa comercialización. O animal procede dunha casa de labranza de Cerceda e as súas dimensións marcaron a diferenza con respecto ao resto de reses da súa especie. Pesaba 884 quilos e a súa chegada ao matadeiro deixou sorprendidos os propietarios que aseguran que este exemplar instaurou un novo récord. Nunca se atoparan cun animal con estas características. O segredo detrás desta exemplar tan extraordinaria está nos coidados que lle deron os seus donos durante 9 anos. A calidade e o tamaño que presentaba este animal é case imposible de ver. A carne desta impoñente rubia galega será enviada a un mercado de Madrid para poñela ao alcance daqueles que queiran desfrutan dunha carne excepcional.