34
A rede de voluntarios que teceu o Concello chega xa a máis de cen anciáns do municipio. Chámanos a diario, conversan con eles, asegúranse de que están ben e toman nota do que precisan. Quique Roca é voluntario: «Que sintan que teñen un apoio, que non están sós porque son moitos días, vai pasando o tempo e van empezando a xurdir dúbidas» declara. Cada chamada é un exercicio de empatía, tempo compartido entre veciños para que os máis vulnerables saiban que non están sós.