Sada acondiciona a zona da praia das Delicias e instala bancos en distintos puntos do municipio


A concellaría de Obras e Servizos realizou unha actuación na zona da Praia das Delicias despexando de arbustos en mal estado do espazo anexo ao areal para convertelo nun miradoiro da ría acondicionado con céspede artificial e bancos de pedra. Asemade os operarios de Obras e Servizos están a instalar en varias zonas do municipio novos bancos fabricados en plástico reciclado. En total son 35 novos bancos que non requiren mantemento e, entre as súas características, destaca o feito de que son resistentes á humidade e a todo tipo de axentes químicos até o punto de poder limpar pintadas e graffitis.