Sada aproba axudas directas para autónomos e pemes

1 minutes read

O Pleno da Corporación de Sada aprobou as Bases das axudas do programa Sada Activa, destinadas a persoas autónomas, e pequenas e medianas empresas da localidade co obxectivo de manter a actividade económica, protexer o emprego e rebaixar o impacto social da crise sanitaria e económica provocada pola COVID-19.

O Concello de Sada abrirá unha liña de axudas de 750 euros para aquelas persoas físicas ou xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo. A esta cantidade se sumarán 250 euros por cada persoa contratada por conta allea ao seu cargo ata un máximo de 1.500 euros. “É unha axuda complementaria das prestacións extraordinarias do Goberno central e das que poidan xurdir do Goberno autonómico”, explicou o alcalde Benito Portela.

Poderán ser beneficiarias/os da prestación extraordinaria por cese de actividade aquelas empresas que teñan o seu enderezo fiscal e  realicen a súa actividade en Sada e que estén ao corrente das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social e sen débedas pendentes con calquera administración.

As empresas que opten a estas axudas debrán manter a actividade empresarial ata o 31 de decembro de 2020 e se é o caso de ter empregados/as ao seu cargo debrase manter, como mínimo, un 50 % do persoal.

Os beneficiarios/as someteraranse ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas pola vixente normativa en materia de subvencións.