Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

1 minutes read

O Concello de Sada celebrou este mércores un Pleno Telemático onde se aprobou destinar un millón de euros a adopción de medidas extraordinarias para minimizar a incidencia da crise sanitaria do coronavirus COVID-19 no tecido productivo local, e reducir o impacto social causado por esta pandemia.

A proposta da alcaldía aprobada inclúe destinar 800.000 euros en axudas para unha reactivación da economía do concello, actuando directamente sobre os colectivos e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas. Asemade no ámbito do benestar social supleméntase con 70.000 euros o SAF de libre concorrencia e con 30.000 euros as axudas de emerxencia social. Finalmente requiriuse a adquisición inmediata de diverso material de protección e desinfección para a seguridade do persoal municipal e a promoción de medidas de salubridade entre a poboación municipal; subministracións que deberán continuar e para as que se estiman unhas necesidades de 100.000 €.