Os paneis instalaranse na estrada Sada-Oleiros (á altura do lugar de A Fraga), en Fontán, na rotonda do IES Isaac Díaz Pardo, no entorno da Casa da Cultura e no exterior da Oficina Municipal de Turismo, localizacións estratéxicas que permitirán achegar a información municipal e turística á veciñanza e visitantes.
O obxectivo do proxecto é facilitar o acceso á información municipal e de servizo (farmacias de garda, horarios de transporte público, restriccións de tráfico), difunidir eventos de carácter festivo, cultural, deportivo, etc que acolla a localidade, axudar a dinamizar o comercio e a hostalaría local e potenciar a visibilidade dos recursos turísticos, patrimoniais ou medioambientais sadenses. O proxecto estará cofinanciado polo Concello de Sada e a Deputación da Coruña.