«Sada Activa» destinará 800.000 € para autónomos e pemes

1 minutes read

O Concello de Sada presentou na Xunta de Portavoces o borrador de Sada Activa, un programa de axudas destinadas a persoas autónomas, e pequenas e medianas empresas da localidade co obxectivo de manter a actividade económica, protexer o emprego e rebaixar o impacto social da crise sanitaria e económica provocada pola COVID-19.

Desde o Concello abrirase unha liña de axudas de 750 euros para aquelas persoas físicas o xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo. A esta cantidade se sumarán 250 euros por cada persoa contratada por conta allea ao seu cargo ata un máximo de 1.500 euros. “É unha axuda complementaria das prestacións extraordinarias do Goberno central e das que poidan xurdir do Goberno autonómico”, explicou o alcalde Benito Portela. Este programa búscará axudar economicamente ás persoas autónomas, pequenas  e medianas empresas de Sada que tiveran que suspender a súa actividade pola declaración do estado de alarma ou viron reducida a súa facturación polo menos nun 75%.