Feito co Mar, que así se chama, é unha iniciativa de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e está cofinanciado pola UE e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e onde colabora o Concello de Sada coa difusión do evento.
O viveiro formativo, que se celebrará en Sada o luns 9 de novembro ás 16:00 horas e en Arteixo ás 20:00 horas enfócase para capacitar de maneira práctica na transformación e elaboración do produto pesqueiro das confrarías.
Esta formaicón achegará as claves para o emprendemento de maneira colaborativa. Nestes Viveiros farase o prototipado de propostas de produtos pesqueiros transformados e elaborados, como conservas e pratos de V gama.
Oleiros e A Coruña serán outras das vilas que acollerán esta iniciativa, neste caso o día 6 de novembro. Máis información e contacto na Asistencia técnica: info@feitocomar.gal, 627 570 950 ou na AEDL de Sada 620 765 150.
