Sada establece horarios para as festas nos balcóns

dpm.

O goberno municipal entende que esta actitude positiva ante o confinamento reflexada nas últimas semanas con diferentes festas nos balcóns ten que ser regulada para garantir o descanso da veciñanza entre as que se atopan persoas enfermas, traballadores por turnos e veciños e veciñas en xeral. Deste xeito faise público que a partir de agora os horarios para este tipo de festexos quedan establecidos da seguinte maneira:

  • Luns a Domingo: De 20:00 a 20:30 horas.
  • Domingos: De 14:00 a 15:00 horas.

O goberno municipal seguirá analizando a situación e outras medidas que poderán ser adoptadas en función da evolución do confinamento e as propostas lúdicas que se leven a cabo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha