A Fundación Rosalía de Castro anunciou este xoves que o número catro da revista de estudos rosalianos Follas Novas incluirá unha carta inédita de Rosalía de Castro dirixida a José Villaamil e Castro, amigo e colaborador do seu esposo, Manuel Murguía, datada entre 1865 e 1866. Esta carta pasa a sumarse ás 16 xa coñecidas da escritora e figurará xunto a un artigo de Angueira na revista de periodicidade anual Follas Novas, cuxo cuarto número será presentado este venres ás 20.00 horas no Pazo de Lestrobe, en Dodro. En paralelo a esta carta, a revista ofrece en varias das súas seccións unha homenaxe a Carvalho Calero, «un dos grandes estudosos da vida e da obra de Rosalía», entre outros artigos asinados por Teresa López, Xurxo Martínez ou Victorino Pérez Prieto, entre outros.
44