Este venres, día 7, sae á venda “So excited”, o novo single de Dj Frisco e Marcos Peón xunto a a raíña do Jackin House, a alemá Martina Budde. Neste novo lanzamento, volven apostar polos sons ochenteiros con bases e sons actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas. Nesta ocasión a formación hispano alemá, fixeron unha versión do mítico ” Im so excited” de The Pointer Sisters. Unha aposta segura, coa que confían entrar nas listas de éxitos máis importantes de Europa e Latinoamérica. É a terceira colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde. No seu primeiro single conxunto, ” Hard work for Money” chegaron a situarse en listas importantes como:
- Nº3 en House en Itunes España
- Nº8 en Dance en Itunes España
- Nº1 en House Itunes Portugal
- Nº2 en Dance Itunes Portugal
- Nº8 en Itunes Portugal (Xeral)
- Nº2 en House en Itunes México
- N8 en Dance en Itunes Mexico
- Nº56 en Itunes Suecia (Xeral)
- Nº2 en House Itunes Suecia
- Nº9 en Dance en Itunes Suecia
- Nº18 en House en Itunes Alemaña
- Nº5 en House en Apple Music Nicaragua
- Nº105 en Dance en Apple Music Nicaragua
Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Joachim Garraud, Djs From Mars, Leandro dá Silva, Nicola Fasano ou Silvio Carrano. Doutra banda, Dj Frisco & Marcos Peón, seguen traballando duro nos proxectos que teñen para 2022, con novos singles e remezlcas, e a súa festa “STAR PEOPLE” xunto ao radio deejay máis coñecido do noso país, Fernandisco.