Sae de Odesa o primeiro barco con cereais tras o comezo da guerra

O Ministerio de Infraestruturas de Ucraína informou este luns da partida dun primeiro barco cun cargamento de 26.000 toneladas de cereais desde o porto comercial de Odesa, no Mar Negro. O envío prodúcese tras o acordo alcanzado a finais de xullo entre Rusia e Ucraína, por separado, para posibilitar o desbloqueo do gran ucraíno. Turquía actúa como verificador dese acordo, na que ese país actuou de valedor xunto con Nacións Unidas, e dirixe así mesmo o centro de control establecido para velar polas operacións. O propósito de acordo é posibilitar de novo as exportacións de cereais ucraínos e paliar a crise alimentaria mundial agravada desde o inicio da guerra de Ucraína, o pasado mes de febreiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha