O único tripulante do barco «Maruxía Siete» con base en Camariñas, resultou ileso despois de que se declarase un incendio a bordo a altura do Cabo Vilán. Unha persoa particular alertou dos feitos ao 112 Galicia ás 6:20 horas da madrugada, a partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero e unha embarcación de rescate. Tamén, os xestores do CIAE 112 Galicia informaron do ocorrido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil. Segundo puido saber o 112 Galicia, o barco incendiado foi remolcado ao porto de Camariñas, o mariñeiro puido chegar a terra a nado e non precisou asistencia sanitaria.
Sae ileso o único tripulante dunha embarcación que se incendiou en Camariñas
Foto.- dpm.