Cuantiosos danos materiais tras unha aparatosa saída de vía en Dumbría

Bombeiros de Cee.

Por sorte non houbo que lamentar persoas feridas nun aparatoso accidente de tráfico ocorrido na mañá deste sábado no termo municipal de Dumbría. Tratouse dunha saída da vía dun turismo que terminou envorcado sobre un dos seus laterais. o sinistro produciuse na intersección da AC-552 coa estrada que conduce ao núcleo dumbriés. Ao lugar acudiron os servizos de emerxencia, Garda Civil e Bombeiros de Cee, alertados polo 112. Afortunadamente só houbo que lamentar cuantiosos danos materias no turismo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha