Este venres celebrouse na Praia de Area Maior o XXI Concurso de Barcanas e Castelos de Area. Ao final do evento e tras a votación do xurado e do público, que elexiu unha obra, diferentes personalidades do municipio repartíronlle os galardóns aos premiados. Cabe destacar que os trofeos foron un encargo especial por parte do Concello Alberto Lista oleiro de Buño, posto que a olería é patrimonio do Concello de Malpica de Bergantiños.
Na categoría Infantil de barcanas, recibiu o Premio Infantil o grupo número 1, “Excursión polo mar”. O trofeo foi entregado pola presidenta de Amas de Casa de Malpica, Carmen Trigo.
Nuria Loureiro, en representación das atadoras Mar da Illa, entregoulle o Premio Especial á Mellor Barcana ao grupo 12, “A Barca dos Malpicáns”.
O grupo 4, “A Fortaleza Fantástica” recibiu o Premio Especial do Público. Neste caso foi o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o encargado de entregarllo.
Na categoría Amateur, os premiados co Terceiro Premio foron os membros do grupo 3, “Libro Máxico”. O concelleiro de Obras, Miguel Fernández, deulles un trofeo e un vale de 50 €.
O Segundo Premio tocoulle entrégalo á concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro. Os integrantes do grupo número 7, “Futbolín”, fixéronse cun trofeo de Buño e un vale de 70 euros.
Por último, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, entregoulle o Primeiro Premio ao grupo 15, “Sáhara”. Parga fíxolles entrega dun trofeo de Buño e un vale de 130 € por ser a figura con mellor calidade técnica: nela podíase ver uns hipopótamos saíndo da auga.
Os vales dos gañadores son válidos para trocar nos comercios do Concello de Malpica.