Rodosa Chapela – Calvo Xiria, suspendido


O Calvo Xiria móvese cada fin de semana sen posibilidade de erro dado o apertado da clasificación, este sábado ás 20:30 tivo lugar un novo reto e dos máis esixentes. Os de Carballo visitaron o municipal de Chapela, un dos campos máis complicados da categoría e enfrontaronse a un conxunto cun plantel de luxo que conta con xogadores sobresaintes.
Os bergantiñáns superararon todas as adversidades que se lles acumulan en forma de lesións ou doenzas e os xogadores fixeron un esforzo titánico para participar e axudar ao equipo nas tarefas que poideron.

A retagarda e a velocidade dos verdinegros, clave para competir contra un equipo con gran potencial de lanzamento.

O encontro foi suspendido por ameazas dun xogador local á persoa dun dos árbitros cando o resultado era 12-19.