Saída de vía cun falecido en Coristanco

Ademais o condutor do vehículo precisou da axuda dos Bombeiros para saír do seu interior ao saírse da vía na AC-552, quilómetro 38, en Coristanco. 

Un particular foi quen avisou ao 112 Galicia, ás 18:15 horas deste xoves. Indicaba que se trataba dunha saída de vía dun coche con dous ocupantes, un deles xa o sacaran do interior do vehículo pero ao condutor non o daban sacado. 

Os xestores do 112 Galicia, nada mais recibir a chamada do alertador pasou aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou ao punto un helicóptero medicalizado,  aos Bombeiros de Carballo, aos membros do GES de Ponteceso, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Con todo, unha vez no lugar, os Bombeiros de Bergantiños indicaron que non foi preciso excarcerar. Iso si, axudaron ao persoal sanitario a sacar ao condutor do interior do turismo  que finalmente foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. 

Segundo a información recibida no 112 Galicia, nada se puido facer por salvarlle a vida ao acompañante do condutor do vehículo accidentado. O home faleceu.

Related posts

Unha muller de avanzada idade falece tras caer nun pozo en Ames

Estreadas as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

O Montaxes Carballo Xiria Branco álzase co título de campión na xornada final da Liga Prata