- Sucedeu este xoves, sobre as 18:30 horas, sen que ninguén resultase ferido
Na tarde deste xoves produciuse unha saída de vía dun turismo na estrada AC-440 á altura de Ozón, no termo municipal de Muxía. Sobre as 18:30 horas un particular alertaba do incidente ao 112 indicando que un turismo envorcara nunha cuneta e que no mesmo había varios ocupantes.
Xa no lugar dos feitos, os servizos de emerxencias comprobaron que todas as persoas se atopaban ben, sen precisar asistencia sanitaria.
Descoñécense as causas do incidente pero cabe a posibilidade de que a persoa condutora perdera a visibilidade debido á caída directa da luz do sol.