Saída de vía dun turismo contra un poste en Corcubión

Foto.- Bombeiros de Cee.

Os feitos tiveron lugar á última hora da tarde deste sábado no lugar de Quenxe, na estrada AC-445, na coñecida como curva de Marcos Canosa, no Concello de Corcubión.
Tras ser evacuados dous feridos polo 061, os Bombeiros de Cee procederon a retirar o poste dunha farola do alumeado público, que fora derribada por mor do golpe do vehiculo contra a mesma, e , posteriormente a limpeza da vía para restablecer o tráfico. Ao lugar do sinistro acudiron a Garda Civíl de Tráfico, 061 de Cee, AVPC Protección Civil Corcubión e Bombeiros de Cee.