Saída de vía dun turismo en Ardaña

1 minutes read

Ao fío das dúas da tarde deste domingo tivo lugar unha saída de vía dun vehículo Peugeot 207 á altura do quilómetro 3,5 da estrada provincial DP-1914 que une Carballo con Portomouro, no lugar de Santa María e correspondente á parroquia carballesa de Ardaña. A condutora, que en principio non presentaba danos, era a única ocupante do coche, e saíuse da vía pola marxe dereita en dirección a Carballo. Excedeu a beirarrúa e chocou frontolateralmente contra un poste de formigón da iluminación pública e tendido eléctrico que tras o impacto quedou suspendido. Ao momento acudiron unha ambulancia do 061, SMPC e bombeiros de Carballo ademais da Garda Civil de Tráfico que investiga as causas do sinistro.