41
Un turismo ocupado por cinco mozos saíuse da estrada este sábado ao seu paso polo lugar de O Pazo en Cerqueda – Malpica. Aínda que o impacto do coche, un Volkswagen Golg, foi moi aparatoso contra un poste da luz e a varanda da calzada, tan só unha das ocupantes do vehículo necesitou asistencia médica en primeira instancia, afectada de dores nas costas. Dada a voz de alarma, ao lugar en auxilio acudiron persoal do GES de Ponteceso, Protección Civil e Policía Local de Malpica, e a Garda Civil de Tráfico. Trátase de investigar que puido ocorrer para que o condutor do turismo perdese o control de mesmo, nunha vía pouco transitada.