SAL participou no campionato de España en Torrevieja


Os días 1, 2 e 3 de marzo, os deportistas do club Salvamento Acuático Laracha (SAL) Andrea Añón, Noelia Loureiro e Borja Diez participaron no “Campeonato de España Juvenil, Junior y Absoluto”, na cidade de Torrevieja.

Acudían cos obxectivos de loitar polas medallas e mellorar as súas marcas, e conseguironos con creces. Os resultados foron os seguintes:

  • Andrea Añón (Categoria Juvenil Femenino)
    • Proba 100m combinada: 44ª cun tempo de 1.34.97.
  • Noelia Loureiro (Categoría Junior Femenino):
    • Proba 100m combinada: 9ª cun tempo de 1.26.68.
    • Proba 200m supersocorrista: 2ª e MEDALLA DE PLATA cun tempo de 2.35.62 (Récord Galego Junior Femenino).
    • Proba 50m arrastre de maniquí:10ª cun tempo de 00.41.56.
    • Proba 100m resctate de maniquí con aletas: 7ª cun tempo de 00.59.88.
  • Borja Diez (Categoría Absoluto Masculino):
    • Proba 100m socorrista: 28º cun tempo de 1.00.81.
    • Proba 200m supersocorrista:  28º cun tempo de 2.29.38.

O próximo día 10 de marzo, tócalles competir ós alevins, infantiles e cadetes do club na Copa Galega, na piscina municipal Antía García Silva, en Caldas de Reis.