Os días 1, 2 e 3 de
marzo, os deportistas do club Salvamento Acuático Laracha (SAL) Andrea Añón,
Noelia Loureiro e Borja Diez participaron no “Campeonato de España Juvenil,
Junior y Absoluto”, na cidade de Torrevieja.
Acudían cos obxectivos de
loitar polas medallas e mellorar as súas marcas, e conseguironos con creces. Os
resultados foron os seguintes:
Andrea Añón (Categoria
Juvenil Femenino)
Proba 100m
combinada: 44ª cun tempo de 1.34.97.
Noelia
Loureiro (Categoría Junior Femenino):
Proba 100m
combinada: 9ª cun tempo de 1.26.68.
Proba 200m
supersocorrista: 2ª e MEDALLA DE PLATA
cun tempo de 2.35.62 (Récord Galego Junior Femenino).
Proba 50m
arrastre de maniquí:10ª cun tempo de 00.41.56.
Proba 100m
resctate de maniquí con aletas: 7ª cun tempo de 00.59.88.
Borja Diez
(Categoría Absoluto Masculino):
Proba 100m
socorrista: 28º cun tempo de 1.00.81.
Proba 200m
supersocorrista: 28º cun tempo de
2.29.38.
O próximo día 10 de marzo, tócalles competir ós alevins, infantiles e cadetes do club na Copa Galega, na piscina municipal Antía García Silva, en Caldas de Reis.