Salvada in extremis unha nena de tres semanas na Laracha

@HelicoSantiago.

O 112 Emerxencias Galicia coordinou, alertados pola familia da pequena, un operativo no que participaron un amplo despregamento de medios. Persoal da Policía Local, do 061 e do centro de saúde da Laracha, así como un helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, levaron a cabo esta operación sincronizada cando a meniña agonizaba pola súa vida debido a un atragoamento que sufría coas súas propias flemas. A minuciosa e rápida actuación dos sanitarios permitiu estabilizar a pequena, que minutos máis tarde foi evacuada en ambulancia ao hospital, pero xa fóra de perigo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha