Salvador Illa | «Estou preparado para presidir Cataluña»

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, será o candidato socialista á presidencia da Generalitat. Afirma que está preparado para loitar polo reecontro da sociedade catalá, di que é un servidor público e que asume a decisión de loitar pola Generalitat como un acto de servizo. «Os meus compañeiros dinme que podo ser útil para resolver a situación que vive Cataluña. E se mo piden, o único que podo dicirlles é que estou preparado, aquí estou. Estou preparado para presidir Cataluña». A marcha de Salvador Illa para concorrer como candidato á Generalitat nas eleccións autonómicas do 14 de febreiro aboca á primeira remodelación do Goberno de coalición, que pode ser inminente e que obriga a Pedro Sánchez a buscar polo menos unha substitución para o Ministerio de Sanidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha