Salvador Illa | «Non contemplamos un confinamento domiciliario»

Salvador Illa, Ministro de Sanidade.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, asegurou este sábado que a situación pandémica é «moi preocupante» pero que se conseguirá dobregar a terceira onda, aínda que non se contempla ningún confinamento domiciliario para facer fronte a ela.
Illa fixo estas consideracións nunha comparecencia desde a Delegación do Goberno en Catalunya na que informou sobre a situación da pandemia que deixou este venres 40.197 novos casos, unha cifra diaria de contaxio que, de novo, non ten precedentes. O Ministro sinalou que o ritmo de vacinación é óptimo e que o obxectivo é que no verán estea vacinada o 70% da poboación, e asegurou que todas as persoas que recibiron a primeira dose da vacina e cuxa segunda lles corresponde a próxima semana «van recibila», pese ao atraso na subministración que anunciou a farmacéutica Pfizer.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha