Salvamento busca dous ocupantes dun kayak que envorcou en Portosín

Un dispositivo de busca activouse, este luns, en praia de Coira, en Portosín, para buscar tres persoas, unha delas menor, que saíran en kayak e non regresaran a última hora da tarde. O helicóptero Helimer conseguiu localizar camiñando polas rochas unha das persoas desaparecidas, unha muller que, segundo parece, estaba en estado de shock e foi trasladada ao hospital de Santiago.

Continúa a busca das outras dúas persoas, nun operativo ao que se sumou o a embarcación de Salvamento Marítimo Regulus. As autoridades atoparon o kayak envorcado. A busca das outras dúas persoas, dous homes, continúa. Este martes, coas primeiras luces do día, un pesqueiro localizaba un dos chalecos salvavidas preto da praia de Basoñas, en Porto do Son. Medios aéreos, marítimos e terrestres proseguen traballando para tratar de localizar os dous ocupantes da piragua.

A zona de procura deste martes amplíase ata Basoñas e a liña de costa desde a praia Río Sieira a Caveiro. Por terra efectivos de Protección Civil rastrexan a zona comprendida entre as praias de Coira e Caveiro, segundo indicaron as mesmas fontes, mentres por mar cunha lancha buscan entre a illa da Creba e Portosín.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha