Salvamento Marítimo alerta de troncos á deriva na zona


O buque mercante Daroja que partiu o sábado do Porto Exterior de Ferrol perdeu uns 200 troncos, de 4,5 metros de longo por 30 centímetros de diámetro, cando navegaba a 18 millas á altura de entre Laxe e Camariñas. Salvamento Marítimo alertou do incidente a pasada madrugada a través do seu sistema de radioavisos en VHF. O barco facía un roteiro habitual entre Ferrol e o porto portugués de Figueira da Foz.